16 Xullo / 22:30 / Sarria (Lugo) / De balde
- Este evento pasou.
Roi Casal
16 Xullo, 2022 / 22:30
De baldeRoi Casal é un músico, compositor e cantante de Galicia nado en 1980. Domina con gran virtuosismo a arpa céltica e a zanfona, instrumentos milenarios da súa terra natal. Foi integrante da mítica banda galega Milladoiro entre os años 2000 e 2009.
A súa carreira artística en solitario comeza en 2009, coa publicación do álbum Lendas Douradas, ao que seguiron Maxicamente Vello (2011) e Donos do noso destino (2014). Os tres traballos foron aclamados pola crítica especializada e convertíronse en número un en vendas en Galicia cada ano dos seus respectivos lanzamentos.
A súa música serviu, ademais, de banda sonora para producións cinematográficas e televisivas en distintos países. As súas xiras chegaron a Xapón, Arxentina, Estados Unidos, Suiza, Uruguay, Portugal ou Alemaña, entre outras nacións.
En 2016 estrea no Gran Teatro de La Habana Son galego, Son cubano, un ambicioso proxecto internacional, por encargo do Instituto Cubano de la Música, para poñer en valor os extensos lazos de unión entre ambos pobos. Baixo a dirección e composición de Roi Casal, neste proxecto participaron figuras da talla de Pablo Milanés, Xosé Neira Vilas, Lartitza Bacallao ou Miguel Núñez, que poñen o broche de ouro a un elenco de 16 músicos de ambas nacionalidades, que segue xirando nos principais escenarios internacionais desde entón.
Roi Casal é considerado unha das principais referencias musicais de Galicia. O seu estilo moderno ye actual, combinado coos aportes da terra da que é orixinario, situárono como un dos grandes expoñentes da diversidade cultural de España a nivel internacional.