2 – 4 Xuño / Varios horarios / Caldas de Reis (Pontevedra) / A partir de 30€ – Abonos a partir de 65€
- Este evento pasou.
Portamérica
2 Xuño, 2022
A décima cita con PortAmérica, o festival galego que cada ano conecta os dous lados do Atlántico a través da música, celebrarase por primeira vez no mes de xuño, concretamente os días 2, 3 e 4 de xuño, nun novo recinto na Fábrica Azucreira de Portas, aínda que tamén estarán moi presentes A Carballeira de Caldas de Reis e A Tafona.
Os nomes presentes no cartel manteñen a liña estilística habitual do festival, pero tamén engaden novos sons urbanos: Bizarrap, Lori Meyers, Nathy Peluso, Baiuca, Rozalén, Viva Suecia, Natalia Lacunza, Andrés Suárez, Coque Malla, Mikel Erentxun, Arde Bogotá, Muchachito Bombo Inferno ou La La Love You, entre moitos outros.
Como sempre, a gastronomía será unha parte fundamental do festival e polo ShowRocking de Pepe Solla pasarán chefs da talla de Ángel León, Eneko Atxa, Maca de Castro, Andoni Luís Aduriz, Francis Paniego ou Begoña Rodrigo.