18 Agosto / 21:00 / Celanova (Ourense) / Desde 23€
- Este evento pasou.
Miguel Ríos & The Black Betty Trio
18 Agosto, 2022 / 21:00
23€Máis de 12 anos de espera son o equivalente a Un largo tiempo, o novo álbum de estudo de Miguel Ríos. En realidade, o artista granadino nunca se despediu do todo do seu público e, nun momento de pandemia mundial e 11 anos despois de anunciar a súa retirada, gravar 10 cancións novas é unha das mellores noticias que se lles podería ofrecer aos seguidores do artista.
Un largo tiempo é como eses discos clásicos plenos de pasaxes sonoras, de contrastes que, canción a canción, nos convidan a deter o tempo e a deixarnos levar polo poder dos seus textos, pola voz pletórica de Miguel e polas súas potentes melodías. Un disco en acústico, por primeira vez na súa carreira musical, que nos devolven á esencia do máis puro rock and roll, abrindo paso ás guitarras, ao piano, ao violín, á mandolina e a algún delicioso arranxo de corda. Un LP no que se aposta polo esencial, tal e como describe o xornalista musical Juan Puchades.
O título do álbum, Un largo tiempo, responde a un fragmento extraído do poema Para que yo me llame Ángel González, ao que o propio Miguel pon voz e música nun dos temas do disco. Toda unha aventura musical baixo a produción de confianza de José Nortes, a súa man dereita neste proxecto e quen compón a parte instrumental dos temas. Tamén forma parte desta viaxe The Black Betty Trio, banda que integran o propio Nortes xunto a Luis Prado e Edu Ortega e que acompaña a Miguel neste novo e especial traballo, que chegará en agosto a Celanova, no marco de Concertos do Xacobeo, para ofrecer o mellor directo de ‘rock entre pedra e poesía’.