Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Los Mecánicos

21 Agosto, 2022 / 13:00

De balde

21 Agosto / 13:00 / O Barco de Valdeorras, Ourense / De balde

Especialistas en música en directo dos anos 60, Los Mecánicos é unha das bandas de versións pioneiras en Galicia. No Barco prometen unha inesquecible sesión vermú de tributos con grandes éxitos do pop e do rock internacional, nacional e galego, dos Beatles a Raphael, pasando por Los Bravos, Los Grincos ou Andrés do Barro, entre moitos outros.

A terceira edición de Terrasón regresa ao Barco con oito propostas musicais este verán de 2022. O ciclo ao aire libre arrinca o venres 5 de agosto da man de Xógara & Owl Light Trío e esténdese ata o próximo 4 de setembro, co broche de Magín Blanco, en sesións musicais de noite e de mediodía, que apostan polos artistas locais e teñen as terrazas da localidade galega como grandes protagonistas.

Detalles

Data:
21 Agosto, 2022
Hora:
13:00 – 14:30
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
Ciclo:

Protagonista

Los Mecánicos

Recinto

Paseo del Malecón, O Barco de Valdeorras
Parque do Malecón Ourense 32300 Spain + Google Map