Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Leilía e Uxía & Javier Ruibal

4 Agosto, 2022 / 20:30

De balde

4 Agosto / 20:30 / Monterrei (Ourense) / De balde

Leilía nace no ano 1989 cando seis mulleres se xuntan para recuperar do esquecemento a tradición oral galega. Ao son de pandeiretas e voces, pronto van agromando os froitos e hoxe son un dos grupos de referencia no mundo do folk galego. Este ano presentan o seu novo traballo, Vidas Cantadas. Vidas cantadas é unha aposta integral, un proxecto no que cadran orixe e fin, pechan o círculo e dentro del teñen cabida ilusións, premios, colaboracións, recoñecementos, viaxes, amizades e un sinfín de vivencias que mostran o que Leilía significa para a música deste país. Neste traballo retoman vellas cancións do seu repertorio e fanas súas de novo.

A artista galega Uxía e o músico andaluz Javier Ruibal unen as súas forzas e talentos para crear un novo proxecto: De tu casa a la mía. Uxía e Ruibal proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos, que son pura musicalidade e inspiración. De tu casa a la mía é un retrato musical de dous poetas universais da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía. Farano con novas melodías que nos fagan coñecer máis a fondo a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na súa poesía que, no caso de Lorca, terá a súa culminación ao escribir os Seis poemas galegos.

O Xacobeo no Interior leva a música en directo ata as comarcas interiores de Galicia, achegando ao interior de Ourense e Lugo algunhas das propostas musicais galegas máis destacadas do momento.  Trátase dunha programación que ofrecerá tres eventos inéditos pensados para a veciñanza e os visitantes.

Guadi Galego, Leilía, Uxía e Javier Ruibal, De Vacas ou Os D´Abaixo son as propostas musicais que participarán no ciclo Xacobeo no Interior. Unha aposta pola música en galego, camiñando entre diferentes estilos, para viaxar dende o pop ata a tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor.

O ciclo porá o acento no potencial artístico das propostas actuais galegas, apoiando a súa promoción en entornos rurais atravesados polo Camiño de Santiago. Para todas as idades, para todos os gustos. A música é o camiño!

Detalles

Data:
4 Agosto, 2022
Hora:
20:30 – 22:30
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
Ciclo:

Recinto

Explanada del Castillo, Monterrei
Rúa do Castelo Ourense 32619 Spain + Google Map