1 Agosto / 22:00 / A Coruña / De balde
- Este evento pasou.
James Blunt
1 Agosto, 2022 / 22:00
De baldeO artista británico James Blunt inaugura o luns 1 de agosto as festas da Coruña cun concerto gratuíto na praza de María Pita, no marco do programa musical do Xacobeo 21-22. Será o seu único espectáculo en Galicia, dentro da súa xira de grandes éxitos coa que celebra os seus 17 anos de carreira.
Naceu en Tidworth, Wiltshire, Inglaterra, o 22 de febreiro de 1974, este cantante e compositor saltou á fama en 2005 coa estrea do seu primeiro álbum de estudo Back to Bedlam, do cal se desprende o seu sencillo debut You’re Beautiful. O seu estilo é unha mistura de xéneros musicais, entre os que se inclúen o pop, o rock, o soft rock e o folk rock cun matiz acústico. Non obstante, James Blunt demostrou ser moi forte nos agudos, podendo empregar o falsete e a voz de cabeza, como demostrará ante o seu público nun concerto que servirá como pistoletazo de saída ás Festas coruñesas de María Pita este 2022.