5 – 7 Agosto / Varios horarios / Guitiriz (Lugo / De balde
- Este evento pasou.
Festival de Pardiñas
6 Agosto, 2022
Co subtítulo “Feira e Festa da Música e da Arte”, o veterano Festival de Pardiñas está organizado desde 1980 pola asociación cultural Os Xermolos, dedicada a preservar e difundir a cultura galega. Ao redor dun festival de música, por cuxo escenario pasan grupos e intérpretes galegos, españois e de distintos lugares do mundo (Francia, Escocia, Cuba, Portugal…) teñen lugar outra serie de eventos, como mostras de artesanía, exposicións de pintura, escultura, fotografía, cerámica, debuxo infantil, espazos de poesía, de narrativa, feira de libros… así como a famosa Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional. A suma de todos estes ingredientes fai do Festival de Pardiñas un evento único, que goza do recoñecemento de artistas, creadores e público e no que se respira creatividade e frescura polos catro custados.