Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Dani Fernández

22 Xullo, 2022 / 22:30

De balde

22 Xullo / 22:30 / Soutomaior (Pontevedra) / De balde

Dani Fernández publicou este 2022 Entre las dudas y el azar, un disco que afianza a carreira do artista e co que alcanzou o número un de vendas en España. Este verán, a súa xira Plan Fatal, o seu tour máis ambicioso ata a data, pasa por Soutomaior no marco de Concertos do Xacobeo, cun directo no Peirao de Arcade, ás 22:30h, de acceso libre.

Dani Fernández leva anos sendo un dos cantantes e compositores máis radiados e escoitados do país, con múltiples discos de ouro e platino para cancións como Te esperaré toda la vida, Disparos, Bailemos, Soldadito de hierro ou Clima Tropical, que foron número un nas grandes emisoras de radio do país e que acumulan máis de trescentos millóns de escoitas e visionados en plataformas dixitais.

O artista conta, ademais, con centos de miles de seguidores en redes sociais e unha numerosa base de fans que fan que colgue o cartel de sold out en tódolos concertos desta nova xira ata a data, na que Dani viaxa junto á súa banda para namorar ao seu público, que vibra cun frenético e emocionante show. No seu novo disco pon o foco na sorte e o destino, pero o seu é o traballo duro e un talento desbordante. Todo apunta a que 2022 será o ano de Dani Fernández.

Detalles

Data:
22 Xullo, 2022
Hora:
22:30 – 23:59
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Recinto

Peirao de Arcade, Soutomaior
Lugar Peirao, 16 Pontevedra 36690 Spain + Google Map