9 Setembro / 20:00 / Ferrol (A Coruña) / Desde 15€
- Este evento pasou.
Aurea + Xoana
9 Setembro, 2022 / 20:00
15€Aurea é unha cantante de soul portuguesa de Santiago do Cacém, Setúbal.
Aurea lanzou o seu álbum debut en setembro de 2010. O álbum rapidamente alcanzou o número 1 nas principais listaxes de Portugal e de Europa.
A prensa especializada compara a Aurea con artistas como Aretha Franklin, Dusty Springfield, The Supremes, así como contemporáneos como a cantante británica Amy Winehouse ou Duffy.
Como un ciclón entrou a moza porriñesa Xoana no circuíto da música independente, tras a presentación do seu primeiro disco «Dardos» en 2018.
Xoana, de 23 anos, transita do funk ao soul e sempre cunha clara vocación pop.
Canto ás letras, a cantante mostra un claro motivo de denuncia social e de reivindicación do idioma galego.
Sen dúbida, unha das artistas emerxentes galegas con máis proxección na actualidade.
Alí estás, sentada nos confíns do mundo, no máis alto dun cantil de afiadas rochas sobre as que o mar arremete sen cesar. Pechas os ollos. A música soa e mestúrase maxicamente co bater das ondas. Unha leve brisa baña a túa cara. Ergues a ollada e, na inmensidade do océano, o sol tingue de vermello o ceo para agocharse tras o horizonte… Entón, nese preciso e fermoso instante, cae a noite, a luz do faro ilumina o Atlántico e decátaste de que estás no único lugar onde queres estar, en Galicia, gozando dun concerto incomparable, na fin do mundo.
Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación musical do Xacobeo 21-22, que ten lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión que permitirán ao público gozar de actuacións irrepetibles. Concertos na Fin do Mundo fusiona patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer unha experiencia única para os cinco sentidos.