23 Outubro / Hora por determinar / Lugo / De balde
![Cargando eventos](https://concertosdoxacobeo.gal/2021/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento pasou.
Treixadura
23 Outubro, 2022
De balde![](https://concertosdoxacobeo.gal/2021/wp-content/uploads/2022/08/treixadura.jpg)
Treixadura, unha das bandas de referencia na música tradicional galega, celebra neste 2022 o seu 30º aniversario. Faino presentando o seu libro-disco ‘Camiño longo’ e cunha intensa xira para festexar a efeméride cos seus seguidores. No marco do ciclo Revenidas Xacobeo 21-22, teremos ocasión de gozar dun gran espectáculo de luz e son con 15 artistas que, sobre o escenario, fan partícipe e protagonista ao público do seu directo, dando como resultado un gran coro, de asistentes e artistas, que intercambian as súas emocións e gozan da forza da nosa música.
Revenidas expándese no marco do Xacobeo 21-22, no seu afán de afondar na promoción da lingua galega, e achega a distintas localizacións de Lugo e Ourense algúns dos espectáculos máis interesantes de artistas do país. É o caso de Baiuca, referente da folktrónica; Treixadura, banda de referencia da música tradicional e que está a celebrar o seu 30 aniversario; ou da proposta que Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre achegarán a Celanova: inmersos na xira de presentación do seu último traballo, As Catedrais Silenciadas, convidarán a artistas amigos a subirse ao escenario con eles para acompañalos nun concerto único no que revisarán os temas máis significativos dos seus repertorios.