3 Setembro / 22:00 / Sanxenxo (Pontevedra) / De balde
- Este evento pasou.
Cepeda + Antía Muíño
3 Setembro, 2022 / 22:00
De baldeTralo lanzamento do seu primeiro álbum, Principios, Cepeda demostrou que publicar un disco e mantelo cinco semanas no número uno da lista de vendas do noso país, conseguir o Disco de Platino co seu primeiro single Esta vez, bordalo co Disco de Platino dol álbum xa na súa versión reedición en Nuestros principios e pendurar o cartel de sold out nunha ducia de concertos da súa primeira xira, foi posible grazas á súa perseverancia, a súa capacidade compositiva e a súa afinidade polas novas formas de crear e comunicar.
Mi reino e Vuela foron os dous grandes temas que se extraeron dese novo material e, nada máis saír, colocáronse no número un de ITunes en seis países: España, Arxentina, Ecuador, República Dominicana, Perú e Chile. Ademais, o videoclip de Mi reino situouse directamente no número un de tendencias de Youtube España, moi bo síntoma para o ‘gran reino’ de Cepeda.
Pola súa banda, Antía Muíño é unha cantautora galega afincada en Donostia que, tras anos de militar en diferentes proxectos que basculan entre o folk, a canción de autor máis intimista, o jazz ou a bossa nova, firma co seu propio nome un proxecto que segue bebendo destas fontes, pero que chega agora a soas coa súa guitarra. Herdanza da canción acústica, espida e descarnada. A súa singularísima voz dialoga con matices que van desde a canción jazz á bossa con acento galego ou o folk pop occidental, tan preto do río Miño como das beiras do Mississippi.
Recentemente acaba de publicar o seu primeiro sinxelo Carta aberta, con grande éxito de escoitas e que chegou a formar parte dalgunhas das listaxes máis importantes da industria dixital. Sen dúbida, Antía Muíño, é unha das voces emerxentes galegas con máis proxección.