22 Outubro / 20:30 / A Coruña / Desde 25€
- Este evento pasou.
Jorge Drexler + Tiago Iorc
22 Outubro, 2022 / 20:30
25€Jorge Drexler é un cantante e compositor uruguaio cunha longa traxectoria profesional vinculada á música e as artes. Durante a súa carreira gravou catorce discos de estudio e ofreceu concertos por todo o mundo. Neste tempo, a súa obra foi galardoada cun premio Óscar (2005), sete Latin Grammy’s (2014, 2018, 2021), un Goya (2011) e unha Biznaga de Prata, entre outros moitos recoñecementos. Tras a publicación de La guerrilla de la concordia, en xullo de 2021, e Tocarte, en outubro dese mesmo ano, o uruguaio continuou traballando no lanzamento do seu novo e esperado disco, Tinta y tiempo, que se publicou na primavera deste 2022.
A contaxiosa música do brasileño Tiago Iorc, cantada en inglés e en portugués, non solo gañouse lexións de adeptos no seu país natal, senón que trascendeu fronteiras, triunfando en outras partes do mundo, como Corea ou Xapón, e recibindo diversos premios internacionais, entre eles, catro Grammys latinos. Se escoitas a súa colección de éxitos comprenderás por que: o pop folk anclado nunca cálida guitarra acústica que perfeccionou resulta aparentemente sinxelo nunha primeira escoita, pero logra calar fondo grazas á súa pureza melódica.
O ciclo de concertos Noites do Porto regresa este outono ao porto da Coruña no marco do programa musical Concertos do Xacobeo. Jorge Drexler, Morgan, FERNANDOCOSTA, James Rhodes e M. Ward son os primeiros cabezas de cartel que se dan a coñecer da segunda edición do evento, que se celebrará do 20 ao 23 de outubro de 2022 no histórico peirao de Batería da cidade herculina. No seu segundo ano de programación, o evento amplía a súa proxección coa incorporación de artistas de ámbito internacional que ofrecerán os seus únicos directos en Galicia, este 2022, en Noites do Porto.
Noites do Porto nace en 2021 como unha experiencia musical que ofrece unha serie de shows únicos e exclusivos en Galicia. O evento, que volverá contar cunha cúpula en formato iglú transparente, amplía este 2022 o seu número de xornadas de directos: en total serán catro días de concertos con vistas ao mar no corazón da cidade da Coruña. O programa completarase, así mesmo, cunha programación expandida alén destas datas, que inclúe dúas noites musicais de inauguración e clausura nunha mítica sala de concertos da cidade: a Sala Garufa.
Nela terán lugar as denominadas ‘Noite de inauguración’ o 19 de outubro, e ‘Noite de clausura’, o mércores 26 do mesmo mes. Mentres que na primeira cita o cartel aínda é secreta, a despedida de Noites do Porto ofrecerá a única actuación do estadounidense M. Ward este ano en Galicia, no marco da xira de presentación do seu último disco, Think of Spring.