6 Xullo / 21:00 / Vigo (Pontevedra) / Desde 24,20€
- Este evento pasou.
Fat Freddy’s Drop
6 Xullo, 2022 / 21:00
24,20€Os neozelandeses Fat Freddy´s Drop, que actuarán na terraza do Mar de Vigo o mércores 6 de xullo, son a banda máis popular do seu país, utilizando unha fórmula que se move entre o reggae, o jazz, o rhythm and blues e os ritmos electrónicos. Vigo acollerá a única actuación desta banda en Galicia e unha das poucas en España, onde visitarán festivais de prestixio como o Río Babel, en Madrid, ou o Cruïlla, en Barcelona.
Este verán o Ciclo Xacobeo Vigo achega á localidade os sons exclusivos de seis grandes artistas e bandas internacionais, coa intención de ofrer unha mostra da diversidade musical do mundo e a súa riqueza de estilos con figuras de referencia da escena actual. Os concertos realízanse tanto no auditorio interior coma na espectacular terraza do Mar de Vigo.
As seis actuacións que pasarán entre xullo e setembro polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy´s Drop (6 de xullo), que estará por vez primeira en Galicia, a lenda americana do rock Steve Vai (17 de xullo), a música sofisticada do bretón Yann Tiersen (22 de xullo), a mítica banda escocesa Texas (9 de agosto), a nova revelación internacional cubana Cimafunk (26 de agosto) e as espectaculares percusións dos Mayumaná (18 de setembro).