Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Madeleine Peyroux

15 Outubro, 2022 / 21:00

12€

15 Outubro / 21:00 / Pontevedra / Desde 12€

A artista americana non necesita presentacións: falamos dunha das mellores voces do jazz contemporáneo das últimas dúas décadas. Unha cantante e compositora atemporal cun talento indiscutible, que chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra cunha xira moi especial, na que repasará ao completo o seu disco máis aclamado, o impresionante Careless Love editado en 2004.

Tímida, imprevisible e cunha personalidade enigmática, grazas á súa particular voz e á súa sensibilidade, Peyroux rapidamente converteuse nunha auténtica revolución no jazz vocal feminino e empezaron a describila como “a Billie Holiday do século XXI”.

Nomeada pola prestixiosa BBC como Mellor Artista Internacional de Jazz, escoitala en directo é un privilexio. Na súa xa dilatada carreira, a cantante americana actuou nos recintos más prestixiosos do planeta, desde o o mítico Carnegie Hall ou o Lincoln Center de Nova York ata o Royal Albert Hall londinense.

Máis de 25 anos despois do seu debut discográfico, Madeleine Peyroux mantén inquebrantable o feitizo da súa expresiva e sedutora voz e continúa esa particular viaxe musical explorando más allá do ordinario. Coa complicidade das súas músicas, prosegue a súa cativadora mestura de estilos, onde tamén ten cabida o blues e a música de raíces, sempre dándolle ese toque elegante que a caracteriza.

Nesta nova xira mundial actúa en emblemáticos escenarios como o Olympia de París, o Palladium de Londres ou o Palau da Música de Barcelona. O seu concerto en Pontevedra será a única actuación en Galicia da que é, sen dúbida un, dos talentos vocais más persoais, expresivos e sedutores do jazz actual.

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Protagonista

Madeleine Peyroux

Recinto

Pazo da Cultura, Pontevedra
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n Pontevedra 36005 Spain + Google Map