26 Xuño / 21:30 / Vigo (Pontevedra) / Desde 20,70€
- Este evento pasou.
Marisa Monte
26 Xuño, 2022 / 21:30
20,70€Marisa Monte, unha das figuras chave da música brasileira das dúas últimas décadas, actuará en Vigo o 26 de xuño. Chega por primeira vez a Galicia co seu propio show dentro dunha exclusiva xira europea que pasará polas principais capitais (Milán, Londres, París, Lisboa…) xunto as tres únicas datas nas que estará en España (Festival Porta Ferrada en Cataluña, Noches del Botánico en Madrid e o seu concerto en Vigo).
Sen medo a esaxerar, pódese dicir de Marisa Monte que é a actual raíña da música brasileira. Con máis de 15 millóns de discos vendidos en todo o mundo e catro Grammy latinos, a que fora un dos tres vértices de Tribalistas, xunto a Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown, é unha estrela que converte en ouro todo o que toca. Admiradora de artistas xenuínos como Roberto Carlos, Jorge Ben, Cole Porter ou The Beatles, en 2021 publica Portas, o seu primeiro disco en 10 anos, coproducido por Arto Lindsay, no que locen as colaboracións de Arnaldo Antunes, Nando Reis, Marcelo Camelo ou Jorge Drexler, e no que a bossa nova, o valse carioca, o pop, o soul e ata o funk conviven ao seu pleno antollo. Unha nova marabilla do son brasileiro contemporáneo, engadindo cores e matices a un universo musical sempre en expansión.
Con máis de 30 anos de carreira e considerada a mellor cantante brasileira da súa xeración, Marisa Monte é recoñecida pola súa forza creativa, a calidade da súa discografía e as súas apaixonantes actuacións en directo. Unha oportunidade irrepetible para ver a unha das grandes, acompañada da súa potente banda coaq eue repasará un repertorio sublime.
Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.
O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.