2 Setembro / 22:00 / Padrón (A Coruña) / De balde
![Cargando eventos](https://concertosdoxacobeo.gal/2021/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento pasou.
Oscar Ibáñez & Tribo
2 Setembro, 2022 / 22:00
De balde![](https://concertosdoxacobeo.gal/2021/wp-content/uploads/2022/08/oscar-ibanez.jpg)
Oscar Ibáñez &Tribo é un grupo de música folk liderado polo gaiteiro e flautista galego Óscar Ibáñez e un conxunto de excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria, que formaron parte dalgúns dos proxectos máis destacados da música folk galega, como Fernando Fraga (Carlos Núñez), acordeón; Harry.c (Milladoiro), violín; Carlos Calviño (Roi Casal), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; e Andrés Vilán (Pepe Vaamonde Grupo), batería e percusión. Desde a súa creación, a formación ofreceu máis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Bretaña e Italia, participando nalgúns dos festivais internacionais de maior renome a nivel internacional.