26 Agosto / 22:00 / Narón (A Coruña) / Precio por determinar
- Este evento pasou.
Coque Malla
26 Agosto, 2022 / 22:00
Coque Malla e a súa banda regresan aos grandes recintos coa súa nova xira El viaje del astronauta gigante, na que o artista presenta as cancións do seu último disco. Un repaso a toda a súa traxectoria, desde o seu debut adolescente cos Ronaldos con cancións como No puedo vivir sin ti, Adiós papá ou Por las noches e os grandes fitos da súa carreira en solitario, discorrida entre Soy un Astronauta Más e La hora de los gigantes, con grandes hits como Me dejó marchar, Berlín e Un lazo rojo, ata as súas colaboracións con outros artistas e algúns temas inéditos, como Una sola vez, o seu último éxito.
Coa súa nova xira El viaje del astronauta gigante, Coque Malla retoma os grandes concertos que quedaron suspendidos por mor da pandemia e anunciou a súa presenza en destacados festivais como Portamérica, Mallorca Live ou Vive Latino. Con ela, o 26 de agosto chegará a Narón no marco dos Concertos do Xacobeo.
Despois de tres anos moi intensos, cargados de concertos, esta xira é, ademais, unha última oportunidade para ver en directo a Coque Malla durante un tempo. Tras El viaje del astronauta gigante, o músico anunciou un descanso indefinido nas súas xiras, un punto de inflexión nos seus trinta e cinco anos de carreira, nos que o escenario foi sempre a súa gran paixón.