10 – 12 Xuño / Varios horarios / Finisterre (A Coruña) / Abono 35€ – Entrada 18, 20 y 25€
- Este evento pasou.
Fisterra Blues Experience
12 Xuño, 2022
O Fisterra Blues Experience volve en xuño de 2022 coa súa sexta edición, na que hai sitio para concertos en diferentes espazos do municipio, sesións vermú, pasacalles e, por suposto, tamén para o blues a bordo, todo iso cun cartel encabezado por Ilegales, J.P. Bimeni & The Black Delts, De Vacas ou Guadi Galego.
A programación arrincará o venres 10 de xuño ás 17.00 horas cun blues a bordo a cargo de Fisterra House Band feat. Degolo. Xa pola noite, ás 21.00 horas, Adrián Costa Blues Band, Guadi Galego e J.P. Bimeni & The Black Delts levarán a súa música ao Escenario Xacobeo 21-22, no campo de fútbol Ara Solis.
O sábado haberá pasacalles a cargo de Low Bay Hot Band ás 12.30 e ás 17.00 horas, mentres que no Escenario Fisterra -entre a Rúa Angustias e a Rúa Río Novo- haberá unha sesión vermú con Mad Martin Trio ás 13.30 horas. Os máis pequenos poderán descubrir aos Rolling Stones ás 12.00 horas e aos Beatles ás 18.30 horas da man de Little Neno.
Pola noite, a partir das 21.00 horas, o Escenario Xacobeo 21-22 acollerá os concertos de De Vacas e Al Dual. Por último, pasadas as 23.30 horas, o grupo de rock Ilegales celebrará o seu 40 aniversario poñendo o broche final ás actuacións no escenario principal.
A programación continuará o domingo cun blues a bordo con Tato & Espiño e coa Jam “Conexións Atlánticas” no Faro de Fisterra a partir das 13.30 horas.